xoves, 21 de abril de 2016

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
O día 23 de abril foi elixido como "Día Internacional do Libro", pois supostamente coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.



sábado, 16 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA. PARECE UNHA ROSA

Co gallo da conmemoración do nacemento da poeta, o 24 de febreiro de 1837, celebramos en Galicia o DÍA DE ROSALÍA. Os alumn@s de primeiro coñecemos algùns dos seus poemas e animámonos a realizar as ilustracións dun pequeno poema que se titula PARECE UNHA ROSA.
Velaquí o resultado.